Servizos de arquivos

Arquivos de traballo individuais (Disco Privado Virtual)

O Disco Privado Virtual está destinado ó almacenamento de datos individuais dos usuarios, e a permitir que estes os compartan envíen a outros usuarios ou a destinatarios externos (alumnos, persoas alleas á universidade, etc.) e a que os reciban de outros usuarios ou remitentes externos (alumnos, persoas alleas á universidade, etc.)
 

Usuarios ós que está destinado:

  • PDI
  • PAS

Características do servizo:

  • Compartir os datos con outros usuarios conectados (espazo compartido)
  • Compartir datos mediante enlaces, protexidos ou non por contrasinal, de xeito permanente ou temporal, con usuarios internos ou externos á Universidade de Vigo
  • Recibir datos de usuarios externos ou internos cos que se teña compartida unha carpeta
  • Autentificación con usuarios da Universidade (@uvigo.es)
    • Usuario e contrasinal
    • Datos de acceso á Secretaría Virtual (seix.uvigo.es): NIU, DNI, clave
    • Certificado FNMT
  • Acceso web ou dende dispositivos (iOS, Android, cliente de escritorio, WebDAV)

Limitacións do servizo

  • Espazo en disco asignado por usuario: espazo por defecto 5GB
  • A responsabilidade dos datos publicados corre por parte do usuario
  • Copia de seguridade mantida ata 3 meses, garántese unha copia semanal.
  • Non se garanten recuperacións parciais dos datos do usuario, só recuperacións completas a unha data dada.

As características completas do servizo pódense atopar nesta páxina

 

Arquivos de traballo de unidades administrativas (Carpetas Compartidas)

Usuarios ós que está destinado:

  • Postos de responsabilidade
  • PAS dos servizos centrais

Actualmente só: ficheros.rectorado.uvigo.es (datos de unidades administrativas da reitoría e datos de grupos de investigación no CACTI)

Características do servizo:

  • Carpetas Compartidas Windows
  • As carpetas son compartidas por todos os usuarios pertencentes a un grupo ou unidade administrativa.
  • Grupos establecidos nos propios directorios de usuarios
  • Grupos correspondentes a unidades administrativas: servizo, área, negociado, vicerreitoría

Limitacions do servizo:

  • Non está contemplado o uso destas carpetas para fines individuais, só para compartir datos do grupo ou unidade administrativa
  • Non se procesan ou recollen datos de estes almacenamento de xeito automático ou se publican en espazos web automáticamente.
  • Non se contempla en xeral a integración con dispositivos ou aplicacións externas, esto inclúe a conexión con escáneres, impresoras, envío de documentos por correo, etc. En caso de existir tales conexións estas corren por conta do usuario e o funcionamento das mesmas non é responsabilidade do ATIC.
  • Copia de seguridade mantida ata 3 meses, garántese unha copia diaria (incremental)
  • Non válido para o almacenamento de arquivos que requiran un nivel de seguridade alto conforme ó RD 1720/2007
  • Non se permite, salvo excepcións xustificadas para o uso do servizo, o almacenamento de: vídeos, arquivos de sonido, multimedia.
  • Só se pode prestar o servizo a equipos con direccionamento IP privado (RFC 1918) da rede fixa (non wifi) da Universidade de Vigo


Xestor Documental Alfresco

Este servizo non se presta de xeito xeral, están ubicados nel repositorios de documentos privados da Área de Calidade, Unidade Técnica e CACTI.

No seu lugar recoméndase o uso dos servizos indicados nos puntos anteriores.

  • Arquivos de traballo individuais: Disco Privado Virtual
  • Arquivos de traballo para unidades administrativas: Espazos compartidos Windows

Pódese acceder a el nesta páxina.

 

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal