Proxecto Vindel

Vigo. De outubro de 2017 a marzo de 2018

O Pergamiño e a súa historia

Datado segundo algunhas fontes a mediados do século XIII e outras a finais do XIII ou principios do XIV, o Pergamiño Vindel é o documento orixinal das sete cantigas de amigo do poeta Martin Codax, nas que o trobador galego canta a Vigo e ao seu mar.

Descúbreo

Programa

O programa de actividades relacionadas co Pergamiño Vindel terá unha duración de cinco meses, ao longo dos que se desenvolverán diversas iniciativas que teñen como principal destinatario a cidadanía de Vigo e os concellos limítrofes, así como calquera persoa interesada na obra que recolle as sete cantigas de amigo de Martin Codax.

Ver o programa

A exposición

A exposición «Pergamiño Vindel. Un tesouro en sete cantigas» céntrase nun dos alicerces da cultura galega da Idade Media, as sete cantigas de amigo de Martin Codax recollidas, texto e notación musical, no Pergamiño Vindel.

Actividades científicas

Ciclo de conferencias Os xoves do Vindel
Do 19 de outubro de 2017
ao 8 de febreiro de 2018

Ir á páxina do ciclo

Simposio internacional E irei madr a Vigo
23 e 24 de novembro
2017

Ir ao Simposio

Os cantares de cego

Para promocionar a exposición e os eventos relacionados coa estadía en Vigo do Pergamiño, a Universidade organizou, por todo o país, representacións do cantar de cego “A Cantiga do Pergamiño”, creado para a ocasión con ilustracións de Davila e interpretado polo regueifeiro Luis Correa O Caruncho.

Entidades organizadoras

Entidades colaboradoras