Días 24 e 25 de marzo de 2017
Horario: De 10.00 a 18.00h.
Pavillón B do Instituto Feiral de Vigo
Av. do Aeroporto, 772
36318 Vigo

Este evento está dirixido fundamentalmente a estudantes de últimos cursos das titulacións impartidas pola Universidade de Vigo, así como a persoas recentemente tituladas, en busca activa de emprego. O evento é aberto, polo que poderán visitalo e presentar os seus CV persoas que estudan ou están tituladas por calquera outra universidade. As Universidades do Porto e Utad porán a disposición dos seus estudantes autobuses gratuítos.

A FINDE.U pon a disposición das empresas participantes unha ferramenta de xestión telemática de CV. Cada empresa participante disporá dun terminal dixital na súa caseta a través do cal os estudantes, cun simple pase do seu cartón, transmitirán todos os seus datos. A base de datos de todos os visitantes a cada caseta farase chegar desde a organización breves días despois da celebración. Poderá filtrar esa información, si como facer procuras, segundo os seus intereses. Na edición anterior da FINDE.U, 1.500 persoas rexistraron os seus CV nesta aplicación.

Si. As empresas poderán facer preseleccións e citar a candidatos e candidatas cuxos perfís se axusten ás súas necesidades, para a realización de entrevistas, probas ou encontros profesionais, durante o desenvolvemento do Foro. Para iso, disporán de espazos habilitados para o efecto, cuxo uso deberá ser reservado na recepción do recinto.

A participación poderá ser na FINDE.U no seu conxunto, con caseta no Porto e Vigo ou poderá facelo só para aquel evento que máis lle interese. A participación en ambos os eventos resulta máis vantaxosa economicamente.

A organización recomenda a presenza de, polo menos, dous representantes identificados por empresa en cada caseta. Poderán sumarse máis representantes para realizar quendas ao longo das xornadas, para o que se facilitarán dúas acreditacións de empresa non nominais.

A organización encárgase da montaxe da estrutura da caseta de 3×3 metros, así como do mobiliario básico. As empresas unicamente deberán encargarse da colocación das lonas, posters ou vinilos corporativos que as personalicen.

Durante o proceso de montaxe e desmontaxe dos elementos decorativos das casetas, non será preciso o uso de credenciais para o acceso peonil ao recinto feiral, sendo unicamente necesario seguir as instrucións do persoal da organización alí presente, á súa chegada. Durante o desenvolvemento do Foro, días 22 e 23, a organización facilitará dúas acreditacións personalizadas por caseta, conforme aos datos previamente confirmados por cada empresa.

O recinto feiral IFEVI dispón dun amplo parking gratuíto fronte á entrada principal onde poden estacionar facilmente os seus vehículos durante o desenvolvemento do evento.

A montaxe de casetas poderá realizarse o día 23 de outubro, en horario ininterrompido de 9:00 a 20:00 horas. Rógase respecten ese horario, pois o recinto feiral permanecerá pechado fóra desas horas. No caso de que a montaxe se realizase o mesmo día de apertura da feira poderá facerse a partires da 7 da mañá e deberá finalizar ás 9:30.

As empresas e entidades que queiran realizar un envío previo de materiais para a montaxe da súa caseta, deberán facelo á dirección do recinto feiral (Av. do Aeroporto, 772, 36318). Todos e cada un dos vultos deberán ir identificados de maneira clara e individualizada coa seguinte información:

FINDE.U – FEIRA INTERNACIONAL DE EMPREGO
PAVILLÓN B
NOME DA EMPRESA

Todas as casetas estarán provistos do seguinte mobiliario básico gratuíto:

1 mesa
3 cadeiras
2 puntos de corrente
1 terminal dixital para recepción de CV

Correrán por conta das empresas as regletas eléctricas adicionais, no caso de que necesiten máis dunha conexión.

Respecto da cartelaría e rotulación da caseta, a organización unicamente rotulará, en letras normalizadas, o frontis da caseta co nome que a empresa teña indicado na Ficha de participación. No entanto, previo aviso e sempre a cargo da empresa solicitante, poderán utilizar os seus propios materiais para personalizar ese rótulo, así como os demais elementos que compoñen a caseta (paneis e mesa). Os materiais e ferramentas necesarias para realizar a instalación da súa cartelaría (papelería, material de oficina, adhesivos, soportes, etc. ) serán responsabilidade das empresas.

Cada caseta disporá dunha clave de wifi gratuíta.

Durante o evento os representantes das empresas e entidades participantes, así como voluntarios e visitantes, poderán facer uso do servizo de restauración do propio recinto feiral.

O servizo de comidas desenvolverase en horario de 13:00 a 15:30 ofrecendo un menú a prezo alcanzable, así como un servizo de ensaladas, pratos combinados e hamburguesas que só se ofrecerán no devandito horario.

Durante o resto do horario permanecerá aberto o servizo de cafetaría.

Durante a súa participación na feira os representantes de cada empresa ou entidade participante disporán de dous vales por persoa inscrita e día para trocar por café ou auga na cafetaría do recinto feiral.