As entidades que participan na Finde.U teñen a oportunidade de entrar en contacto directo durante catro días co talento universitario das tres universidades organizadoras, unha comunidade que en conxunto supón arredor de 170.000 profesionais titulados da euro-rexión Galicia / Norte de Portugal.

A participación está aberta tamén a estudantes e persoas tituladas de calquera outra institución universitaria.

A Finde.U é un evento que lle permitirá:

  • Promover ofertas de emprego
  • Promover prácticas, becas ou traballos ocasionais para estudantes universitarios.
  • Realizar procesos de selección a medio e longo prazo.
  • Realizar entrevistas aos candidatos seleccionados.
  • Participar en sesións informativas e talleres.

Ademais o sistema dixital Beamian Digital You para a recepción de currículos permitiralle dispor, ao finalizar o evento, dunha base de datos con todos os visitantes ao seu stand.