O ForumEmprego son as xornadas que organiza a Área de Emprego e Emprendemento da Universidade de Vigo e que facilitarán toda información e recursos necesarios á hora de iniciar a busca activa de emprego para sacar o máximo proveito á Finde.U.

Destinatarias/os:

Alumnas/os e tituladas/os da Universidade de Vigo.

Inscrición gratuita:

Prazas limitadas.
Admisión por rigoroso orde de inscrición.

INSCRÍBETE

 

Estructura das Xornadas

Sesión presencial:
Conferencias e obradoiros (6 horas) sobre ferramentas para a búsqueda de emprego e prácticas no marco da Finde.U (programa)

Sesión non presencial:
Programa de 12 horas a través de FAITIC sobre ferramentas para a búsqueda de emprego e prácticas con carácter xeral (programa non presencial).

Créditos ECTS

Ténse solicitado o recoñecemento de 18 horas de traballo por créditos optativos ECTS ou 1 crédito de Libre Elección para todas as titulacións da Universidade de Vigo
Datas e lugar de celebración das sesións presenciais:

Lugares e datas

Lugares e datas de celebración das sesións presenciais
Todos os campus
9 de outubro de 2017

Campus de Vigo
Sala Access Grid da Biblioteca Central
Campus de Ourense
Biblioteca central 2ª planta (por videoconferencia)
Campus de Pontevedra
Facultade de Ciencias Sociais, 1º andar-seminario 5 (por videoconferencia)

Lugares e datas de celebración das sesións non presenciais:
Todos os campus
10 a 16 de outubro 2017