O programa de actividades da Finde.U estrutúrase en tres bloques:

ForumEmprego Universitario

Ten o obxectivo de aproximar ao alumnado e aos titulados e tituladas da Uvigo á realidade da busca de emprego. Este foro, en formato presencial e non presencial, facilitará todas a información e recursos necesarios á hora de iniciar a busca activa de emprego e de sacar o máximo proveito á Finde.U.

Data sesión presencial:
9 de outubro de 2017 nos tres campus.

IR AO FORUM-EMPREGO

 

Talent At Work

Organizado por Human Age Institute, Universia e www.trabajando.com, este evento aportará datos clave sobre os perfís profesionais que máis demandan as empresas, aportando unha visión práctica do panorama laboral actual a través da testemuña de directivos de recursos humanos das empresas máis representativas a nivel nacional. O programa compétase con obradoiros sobre ferramentas para construír a túa marca persoal e asesoramento personalizado.
Data:
25 de outubro IFEVI 11:00 – 14:30

IR A TALENT AT WORK

 

Sesións de Empresa

Durante os días 24 e 25 de outubro, no propio recinto ferial, os visitantes terán a oportunidade de asistir a presentacións corporativas de organizacións e empresas participantes na Finde.U. Nestas breves sesións de 20 minutos ofrecerán as claves sobre os perfís qué demandan, os seus procesos de selección e programas de becas e prácticas.

IR AO PROGRAMA