O programa de doutoramento en “Creatividade e innovación social e sostible” é unha iniciativa institucional do campus de especialización de Pontevedra, Campus CREA S2i, da Universidade de Vigo, que pretende reforzar a contribución da universidade a liñas prioritarias e retos sociais e globais establecidos, no ámbito da saúde, do medio, da comunicación, da educación e cultura e da gobernanza desde un enfoque transversal.

Está deseñado como un programa innovador, de carácter transversal, que busca estudar e aplicar solucións creativas aos desafíos da sociedade actual desde diferentes ámbitos, explorar novas formas de innovación e, á súa vez, entender o modo en que se desenvolven, conseguen os seus fins ou fracasan.

Se premes no recadro de abaixo poderás descargar a memoria completa do Programa de doutoramento creatividade e innovación social e sostible.

Memoria doutoramento CREA 0,3Mb

 

Organización

Coordinadora

Comisión académica:

  • Ana Belén Fernández Souto (Presidenta)
  • María Isabel Míguez González (Secretaria)
  • Lola Dopico Aneiros
  • José Luis García Soidán
  • Josefina Garrido González
  • Juan Picos Martín
  • Vicente Romo Pérez
  • Patricia Valcárcel Fernández
  • Montse Vázquez Gestal