Unha noticia do DUVI co novo deseño

O DUVI, o Diario da Universidade de Vigo, o medio de comunicación que desde o ano 2001 informa a nosa comunidade universitaria, tamén está sendo redeseñado. A aparencia é similar á do portal institucional mais terá algunhas características e utilidades específicas.

Hoxe amosamos o avance de deseño da aparencia dunha nova, tanto nun computador de escritorio como na pantalla dun móbil. Na versión de ordenador fanse máis evidentes as posibilidades específicas das páxinas do DUVI, onde a maiores da información, conta cun buscador facetado –que só fai procuras no ámbito específico do diario– que permite recuperar novas por diversos criterios: cadea de texto, data, temática, campus ao que afecta ou onde se xera a información e un sistema de etiquetas.

 

Fai clic en calquera das imaxes para ver unha simulación da noticia do DUVI no navegador dun computador ou nun móbil Android.

 

 

 

Que che parece?

Deixa un comentario