Un xestor para as webs de cursos

Hai uns días publicábamos a novidade dun xestor para crear webs de eventos. Seguindo esta liña, o 26 de xullo, presentouse en Pontevedra a web do Curso de Doutoramento “Creatividade e innovación social e sustentable“, a primeira realizada cunha nova ferramenta para facer páxinas de todo tipo cursos.

Portada da web do Programa de Doutoramento “Creatividade e innovación social e sustentable”

Esta ferramenta pode crear páxinas de graos, dobres graos, mestrados e doutoramentos. Ao igual que o xa presentado Xestor de Webs de Eventos está creado sobre WordPress polo que é compatible, fácil e coñecido pola maioría de persoas que xestionan, ou algunha vez xestionaron, unha web.

Páxina da web do Curso de Doutoramento CREA

Como dicimos máis arriba permite a escolla do tipo de curso. Ademais ten a posibilidade de publicar tres versións de idioma e contén unha serie de modelos e pequenas utilidades para a creación de programas docentes,  listaxes de persoas implicadas, fichas de profesorado, cambio automático de estado respecto ás inscricións e matrícula etc. Todo sempre baixo a liña gráfica e outros criterios comunicacionais definidos para nova etapa da webs da Universidade de Vigo.

O Xestor de Webs de Cursos será de uso libre –ao que se publique o novo Portal– para calquera estrutura da Universidade de Vigo que precise crear unha web de curso. Chamamos a atención sobre se esta necesidade é real, xa que no Portal institucional  haberá un modelo de ficha para calquera tipo de cursos que na maioría dos casos debería abondar. Cando por razóns de precisar unha publicación con máis información ou que por cuestións de comunicación e mercadotecnia sexa necesaria unha web propia, este novo xestor será a ferramenta á que recorrer.

Acompañan ao Xestor de Webs de Cursos e ao de Webs de Eventos un sistema e unha utilidade para xerar rutas (URLs) curtas. E así, malia que está nova web ten por enderezo http://uvigo.gal/cursos/creatividade-e-innovacion-social-e-sustentable/ , a ruta que se comparte e se fai chegar aos medios de comunicación é uvigo.gal/doutoramento-crea/

Deixa un comentario