Navegación: toda a Universidade en cinco seccións

O novo Portal da Universidade de Vigo segue o estándar das webs actuais e, entre elas, das páxinas de moitas das universidades máis coñecidas.Todas elas organizan a navegación principal en base a poucas seccións –cinco no noso caso–.

Cada un destes cinco grandes bloques conterán, nos niveis interiores, todos os apartados, subapartados e informacións necesarias para comunicar o que somos, que pretendemos e que facemos. As seccións que están definidas son:

A UNIVERSIDADE

A administración e os servizos, o goberno, a historia, os valores, as políticas, as normativas, o persoal, a comunicación…

ESTUDAR

Aprender significa estudar mais tamén ensinar. Todo o que teña que ver con estes conceptos recóllese nesta sección: desde os  graos ata as posibilidades de emprego que estudar na UVigo conleva.

INVESTIGAR

A investigación é un dos grandes piares que nos caracterizan. Esta é a sección para recoller o I+D+i, a transferencia, a divulgación científica…

NO CAMPUS

O primeiro concepto de universidade significaba comunidade. Aquí organizaremos a información de todo aquelo que alén de estudar e investigar define e mantén a nosa comunidade.

VEN Á UVIGO!

É o espazo para atraer á nosa universidade a futuros estudantes e persoal investigador, explicando como somos, que ofrecemos e porqué esta ten que ser a súa casa.


Como o ves? Lembra que alén dos poucos sobreviventes do planeta Vulcano, só a xente da UVigo que saiba facer o V pode opinar 🙂

Comentarios: 18 comentarios

  1. A Caixa de queixas, suxestións e parabéns e o Portal de transparencia deben estar ben visibles en canto se entra na páxina web. O espazo ao pé de páxina non é o lugar máis aconsellable, máis ben deberían estar na cabeceira.

  2. Todos van a querer estar en lugar preeminente. ¿Qué criterios se establecen para determinar qué y dónde se publica? ¿cómo se establecen esos criterios? ¿quién va a aplicarlos en el día día?
    Por otra parte, la actual división en tres campus en el apartado de novas de la actual web en mi opinión se está usando de manera que marca en exceso un esquema con un campus central (Vigo) y dos campus periféricos (Ourense y Pontevedra), me refiero en concreto a que las noticias que afectan a la universidad en su conjunto, suelen aparecer en el apartado de Campus de Vigo. Revisaría ese criterio de actuación.

    1. Ola Ignacio, comezamos polo último que comentas: A definición do goberno da Universidade é actuar baixo a premisa “unha Universidade, tres campus”. Por tal motivo cada un deles contará cun espazo propi–os tres semellantes entre si– e en todo momento a nova web partirá da premisa antes enunciada. Ao que publiquemos en Conectamos o mapa da sección “No Campus”, poderá visualizarse o resultado e comezar a facer suxestións e correccións.

      Respecto ao asunto co que comezas, efectivamente todas as unidades e servizos queren estar en lugar preminente. Isto é como querer poñer todos os mobles e outros elementos dunha vivenda na entrada dunha casa. Non pode ser e non vai ser así! Os criterios, lóxicamente son a racionalidade, a utilidade e as valoracións recollidas no traballo previo de arquitectura de información que leva realizándose desde hai varios meses e no que houbo reunións con todas –case todas, máis correctamente– as estruturas organizativas da Universidade.

      Grazas polas túas achegas

  3. Y, ¿qué chorrada es esta del planeta Venus?, desde hace algún tiempo la comunicación en esta universidad está recurriendo demasiado al chiste y a la ocurrencia, (entiendo que por contaminación de los recursos de la publicidad más simplona que busca “épatar” y “llamar la atención”. En mi opinión la nueva web, y no sólo ese medio, debería dejarse de ese tipo de métodos.

    1. Ola de novo Ignacio.

      Esta é unha web de traballo, de información interna, na que se pretende que o conxunto da comunidade universitaria participe achegando ideas ou facendo críticas. Ás veces pode chegar a ser pesado, mesmo árido, ter que ler unhas normas técnicas ou imaxinar, en base a un pequeno esquema, como vai funcionar unha web. Por tal motivo, introdúcense no discurso algúns elementos que intentan facer máis amable o contido.

      Outra cousa é a web da Universidade –o portal institucional–, onde como ben dis, o ton ha ser outro.

      1. Pues yo creo que se menosprecia la inteligencia de quienes accedemos a esta web si se recurre al chiste y el chascarrillo para hacernos “tragar la amarga medicina”. De verdad, lo del planeta Venus es un chiste que no viene a cuento y que queda como un pegote.
        Por cierto, me gustaría saber con quien estoy hablando.
        Un saludo.

  4. Ola Ignacio.

    Como podes supoñer, nada máis lonxe da nosa intención que menosprezar a intelixencia de ninguén. Sentimos que non che guste a pequena tontería que puxemos.

    Respecto a saber con quen falas:
    Somos varias persoas, un pequeno equipo da ÁreaTIC que traballa na actualización da comunicación dixital da Universidade e na creación do novo portal. O noso responsable é Manuel Jauregui, o xerente da Universidade.

    Agradecemos as túas opinións e o teu interese.

  5. Hola. Gracias por vuestra amable contestación. ¿Debo entender que este asunto está en manos de Gerencia pero que no hay ningún responsable de comunicación e imagen?

  6. Hola, volviendo al tema de mi primer comentario acerca de la preeminencia del campus de Vigo en las noticias de la web. Si tomamos como ejemplo la portada “borrador” que habéis colgado en esta web, vemos como entre las noticias que se colocan bajo el epígrafe “Campus de Vigo” aparece una noticia sobre una decisión del Consello de Goberno, que entiendo es algo que afecta a toda la Uvigo, pero que en la web se atribuye como noticia de uno sólo de los Campus.

  7. Na simulación da portada nun navegador, hai un apartado onde pon “oferta tecnolóxica da universidade”. Coido que temos que revisar a terminoloxía ao respecto para non excluir ningunha das áreas de coñecemento. Así, sería máis axeitado falar da Oferta de I+D+i, ou de capacidades de I+D+i. Asimesmo, cando falemos de empresas baseadas nos resultados da investigación, coidaremos moito de dicir empresas baseadas no coñecemento en vez de empresas de base tecnolóxica. Contade connosco para revisar todo isto.

  8. Non esquezamos que as empresas e a contorna productiva son destinatarios de moitos dos servizos que ofrece a universidade, en particular das capacidades de I+D+i e dos resultados da investigación (patentes, e outros), que están e estarán disponibles online, polo que entendo que procede darlle a estes espazos e a estes destinatarios un fácil acceso, visible e “amigable”.

    1. Ola María Ángeles

      Moitas grazas polas tres suxestións. Recollemos as ideas e o ofrecemento do primeiro e segundo comentario.

      Respecto ao terceiro:
      Quizais o que botas en falta podería resolverse co perfil “Empresas”, que está na barra superior da cabeceira. Estes perfís pretenden ser accesos rápidos para os diferentes públicos recurrentes e un deles, claramente, está formado polas empresas e o sector produtivo en xeral.

      De novo moitas grazas polas achegas

  9. O portal de transparencia está en gran parte organizado a través de enlaces a outros apartados da páxina web actual. Coa nova organización de contidos espero que non quede totalmente obsoleto o portal.
    Habería que garantir que todos eses contidos (que corresponden a obrigas establecidas na lei de transparencia), presentan a mesma posibilidade de enlace na nova web. .

    1. Ola Rosa.

      Como ben dis, coa nova organización de contidos haberá que facer cambios nas rutas de van desde o Portal de transparencia ao novo Portal institucional. Isto é normal en todas actualizacións similares á que estamos acometendo.

      E por suposto, os contidos que existen na actual web, coa mesma organización ou con outra nova, estarán dispoñibles para ser ligados desde onde corresponda.

      É moi interesante o problema que apuntas, xa que máis aló do Portal de transparencia, que dun xeito ou outro é controlable e actualizable, hai casos de URLs da Universidade publicadas en webs de organismos, entidadades etc. sobre os que non temos capacidade de actualización directa.

      Unha das tarefas que temos é a de idear un método e facer unha especie de conversor entre enderezos actuais e novos para que se siga chegando ao contido que se procura.

      É un problema tecnolóxico, crucemos os dedos 🙂

  10. Bo día, son Marga e traballo no Servizo de PAS, por casualidade acabo de descubrir a icona “conecta” e que se poden facer suxestións. Coido que podería ser boa idea enviar algunha mensaxe á listaxe de avisos (se xa se fixo, desculpade este comentario).

    1. Ola Marga

      Aló polo 17 ou 18 de abril, coa posta en marcha de Conectamos, enviamos unha notificación á lista de avisos e á web de avisos. Sabemos que na lista de correo saiu ben e que, por un pequeno problema, non se publicou na web.

      Como dis, Conectamos sae na portada do portal institucional e tamén apareceu algunha vez nos espazos da Universidade en redes sociais.

      Quizais dentro duns días cumpriría facer un novo aviso de recordo.

      Grazas pola suxestión

Deixa un comentario