Campus de Vigo

Afastado, pero á vez preto do centro da cidade de Vigo, sitúase o campus de Vigo. Referente da arquitectura contemporánea, o campus vigués conta, entre o seu patrimonio, con obras de Enric Miralles, Alberto Noguerol e Pilar Díez, César Portela ou Gabriel Santos Zas. Deste xeito, xunto á decena de escolas e facultades en que se imparte a súa oferta académica, neste campus, arquitectonicamente moderno, pero totalmente integrado no medio natural, localízanse o edificio da Reitoría, o de Servizos Centrais, a biblioteca central, o centro comercial e as instalacións deportivas como a piscina, o ximnasio ou as pistas de atletismo.

Ademais, no mesmo centro da cidade de Vigo, a Universidade conta con instalacións docentes como as escolas de Estudos Empresariais e de Enxeñaría Técnica Industrial.

Como chegar

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal