Saúde

Coa finalidade de atender as demandas sanitarias da comunidade universitaria, a Universidade de Vigo conta cun centro médico, integrado por profesionais especializados.

No centro médico aténdense os recoñecementos do persoal da Universidade e tamén se coordinan as actividades de vixilancia da saúde.

O Servizo de Prevención de Riscos Laborais vela pola seguridade e saúde de todas as persoas que traballan nas instalacións da Universidade de Vigo, e planifica as actividades de prevención, formación e información en materia de seguridade e saúde.

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal