Programa Vulcanus

 

O programa Vulcanus comezou no Xapon en 1997 e financia períodos de prácticas industriais para estudantes da UE.

 Os estudantes realizan:

  • Un seminario dunha semana de duración sobre o Xapón.
  • Un curso intensivo de catro meses de lingua xaponesa.
  • Un período de oito meses de prácticas nunha compañía xaponesa.

Obxectivos do programa:

  • Estudar o abano de tecnoloxías avanzadas utilizadas pola empresa xaponesa de acollida
  • Aprender xaponés e comprender e apreciar a cultura xaponesa mediante unha experiencia enriquecedora dun ano no estranxeiro
  • Adquirir experiencia na carreira do estudante para relacionarse con empresas e cidadáns xaponeses.

Candidatos elixibles:

  • Cidadáns da UE
  • Estudantes universitarios a partir do cuarto ano ou de postgrao, da rama de enxeñaría ou ciencias (informática, enxeñaría, química, biotecnoloxía, física, telecomunicacións, sistemas de proedución...).
  • Estar inscritos nunha universidade europea durant o ano académico 15-16 e poder ausentarse durante un ano dos seus estudos universiarios.

Financiamento:

Este programa está financiado pola empresa xaponesa de acollida e o Centro UE-Japon para a Cooperación Industrial (Empresa Asociada cofinanciada pola Comisión Europea e polo Ministerio de Economía, Comercio e Industria de Xapón). Os estudantes reciben unha bolsa ( 1 900 000 Ienes) para cubrir os gastos da viaxe ata e desde o Xapón e os gastos que implica a vida no Xapón. Son aloxados pola empresa que lles acolle durante os 12 meses. Os cursos de idiomas e o seminario están a cargo do centro UE-Japón.

Criterios de selección:

Os solicitantes selecciónanse tomando como base o seu expediente e resultados  académicos, a opinión dos seus profesores, o coñecemento escrito e falado de lingua inglesa e a súa capacidade para adaptarse a unha cultura diferente.

Data límite de envío de candidaturas: 20 de xaneiro de 2016 (Os requisitos para a correcta presentación están dispostos no formulario de solicitude. É preciso seguir estás instrucións ao detalle.)

 

 

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal