Cultura

O Servizo de Extensión Universitaria ocúpase da elaboración dunha ampla programación cultural estruturada por cuadrimestres, que engloba actuacións teatrais, concertos e espectáculos de rúa. Ao mesmo tempo, prepara diferentes ciclos como Universium ou a Semana de Cine Submarino, cursos e obradoiros en que se abordan materias de interese formativo para os estudantes.

Extensión Universitaria encárgase tamén de convocar os premios de creación artística, unha convocatoria anual dirixida a disciplinas como a creación audiovisual, a fotografía, pintura e maquetas musicais.

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal