Oficina de Medio Ambiente (OMA)

A Oficina do Medio Ambiente (OMA) é o servizo responsable da política ambiental da Universidade. Entre as súas funcións atópanse as de asesorar a comunidade universitaria en temas relacionados co medio natural; intervir nas actuacións que poidan afectar negativamente as condicións e compoñentes ambientais da Universidade, e promover e coordinar calquera acción encamiñada a aumentar a calidade de vida nos diferentes campus, mediante o equilibrio da relación entre as persoas e o medio.

Máis información.

 

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal