Área de Comunicación

A Área de Comunicación da Universidade de Vigo ten como principal obxectivo harmonizar as relacións entre a Universidade e os seus distintos públicos. Entre as súas actividades figura o establecemento de políticas de comunicación interna e externa, o asesoramento en materia de comunicación á comunidade univesitaria, a coordinación do mapa de medios universitario e, en definitiva, a elaboración de políticas de comunicación. Algunhas das ferramentas utilizadas para desenvolver estas funcións son a asesoría en comunicación e relacións externas, planificación anual das accións, organización de roldas de prensa, entrevistas e encontros con xornalistas, atención a xornalistas interesados en recibir información das actividades da Universidade, preparar e organizar visitas aos campus, organizar encontros con forzas vivas e outros integrantes do noso mapa de públicos, propostas de estratexias en relacións públicas e patrocinios ou análise e orientación das accións publicitarias.

 

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal