O incremento e mellora da calidade dos recursos humanos de investigación é unha liña básica no desenvolvemento do SECYT e do sistema de I D i da Universidade de Vigo. Os diversos axentes do sistema e a Universidade de Vigo teñen deseñado diversos instrumentos para facilitar a contratación e incorporación de persoal investigador, tecnólogos/as e persoal de apoio a I D, e para promover a súa formación permanente e mobilidade xeográfica, institucional e intersectorial.
Neste apartado recóllense os principais programas e convocatorias de recursos humanos de investigación no ámbito estatal, autonómico e da propia Universidade de Vigo.
Para calquera consulta ou xestión de convocatorias sobre recursos humanos de investigación pode dirixirse a:
Sección Recursos Humanos de Investigación
S.º de Apoio á Investigación e Desenvolvemento
Universidade de Vigo, campus de Vigo
Edificio Xerencia, planta baixa
As Lagoas, Marcosende s/n
36310 Vigo (Pontevedra)
Teléfono: 986 813 599 / 986 813 906
Enderezo electrónico: seccion.rrhh.investigacion@uvigo.es