Centros propios de investigación

A Lei orgánica de universidades, no seu artigo 40, establece a posiblidade de que as universidades creen libremente centros propios de investigación que poden cumprir diversas funcións:

  • Actuar como centros de apoio instrumental e de servizo ás actividades dos grupos de investigación.
  • Permitir economías de alcance no uso de grandes infraestruturas e equipamento de alta tecnoloxía.
  • Integrar e enfocar recursos e capacidades de investigación cara áreas de interese para a Universidade.
  • Consolidar unidades de investigación que, apoiándose na actividade dos grupos de investigación, posibiliten o incremento da calidade da I+D+i.

 

Os centros propios da Universidade de Vigo divídense en dúas categorías:

 

Centros de apoio:

 

Centros singulares:

 

Agrupacións estratéxicas

Adicionalmente, na Universidade de Vigo existen estruturas superiores ao grupo, que buscan favorecer a actividade investigadora interdisciplinar, o aproveitamento óptimo de competencias,
recursos e infraestruturas, o acceso a fontes de financiamento e a consecución de niveis de prestixio e repercusión que dificilmente poderían lograrse de modo individual. Son as seguintes:

  • AEO-ECIMAT Agrupación Estratéxica Oceanografía-ECIMAT
  • AtlantTIC (inicialmente denominada ACETIC)
  • CIA Centro de Investigacións Agroambientais e Alimentarias
  • ECOBAS Economics and Business Administration for Society
  • INBIOMED

 --------------------

 

Procedemento para a tramitación de cargos internos de Centros de Apoio á Investigación con cargo a proxectos

 

Convocatoria de utilización de espazos na ECIMAT 2013

Convocatoria de utilización de espazos no Centro de Investigación Tecnolóxico Industrial (MTI) 2014

 

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal