Programas conxuntos (Dobres graos na Universidade de Vigo)

A nosa oferta de titulacións ofrece a posibilidade de cursar de forma simultánea dous graos universitarios obtendo, unha vez superados todos os créditos do plan de estudos conxunto, dous títulos oficiais de Graduado/a, un por cada unha das titulacións superadas.

Todos os títulos de grao na nosa universidade constan dun total de 240 créditos estruturados en 4 cursos académicos. Os programas conxuntos de estudos oficiais de Grao (PCEO) permiten simultanear dous graos mediante unha ordenacion temporal das diferentes materias a cursar, a partir dos plans de estudo oficiais.

Os PCEO que se ofertan actualmente na Universidade de Vigo teñen entre 363 e 390 créditos repartidos en 5 ou 6 cursos (dependendo do PCEO, consultar o folleto informativo para máis detalles). Ao ser dúas titulacións diferentes, o estudante debe realizar dous traballos fin de grao, un por cada titulación. O acceso a estes programas conxuntos será único e réxense por unha normativa propia que se pode consultar nesta ligazón

Denominación
Centro
Campus
Folleto
Videos
ADE-Informática
Fac. CC Empresariais e Turismo / ES Enxeñería Informática
Ourense
pdf
 
ADE-Dereito
Fac. CC Xurídicas e do Traballo / Fac. CC Económicas e Empresariais

Fac. Dereito / Fac. CC Empresariais e Turismo
Vigo


Ourense
pdf
video
Turismo-Xeografía e Historia
Fac CC Empresariais e Turismo / Facultade Historia
Ourense
pdf
 

 

Dobres Graos Internacionais

A Universidade de Vigo ofrece ao seu alumnado unha formación internacional posibilitando a obtención de dous títulos universitarios, pola Universidade de Vigo e por outra universidade estranxeira, durante os catro anos de duración dos estudos de Grao.

Para conseguir os dous títulos, as alumnas e os alumnos da Universidade de Vigo deben cumprir os requisitos académicos previos acordados entre as universidades participantes e superar os créditos establecidos en cada Convenio de Colaboración específico.

O alumnado da Universidade de Vigo terá a posibilidade de vivir unha experiencia internacional imprescindible para un entorno profesional cada vez máis global.

Denominación
Centro
Campus
+Info
Administración e Dirección de Empresas-Bachelor of Arts in Business Administration
Fac CC Empresariais e Turismo e Hochschule Bremerhaven (Alemania)
Ourense
pdf
Dirección e Xestión Pública – Gestao de Políticas Públicas
Facultade de Ciencias Sociais e da Comunicación (Sâo Paulo, Brasil)
Pontevedra
pdf
Comercio – Licence en Economie et Gestion
Escola Universitaria de Estudos Empresariais Université de Pau et Des Pays de L’Adour (Francia)
Vigo
pdf
Comercio (Uvigo) – Bachelor en Arts: International Business and Management
Escola Universitaria de Estudos Empresariais Hochschule Bochum (Alemania)
Vigo
pdf
Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal