Transportes

A cidade universitaria de Vigo inspírase no ideal de cidade académica co que se desenvolven moitas universidades estadounidenses. No campus mestúranse edificios docentes, administrativos e áreas residenciais e deportivas, con complexos científicos e de lecer, que enriquecen o día a día universitario. A piscina, o ximnasio ou o centro comercial son exemplos dalgúns dos servizos que permiten aproveitar ao máximo as posibilidades deste campus, apartado da trasfega urbana, pero moi ben comunicado co centro da cidade, onde se manteñen algunhas instalacións docentes.

Fronte a este modelo, Ourense goza dun campus propiamente urbano e que responde a unhas características singulares, sobre todo na súa parte antiga que, á súa vez, se conecta coa parte nova do Campus por unha pasarela aérea que desemboca na zona de facultades, complexos residenciais e deportivos. Existen, a disposición do alumnado, residencias propias e concertadas na propia cidade de Ourense.

O Campus de Pontevedra, atravesado polo río Lérez e rodeado pola Illa das Esculturas, conforma un recinto arquitectónico de nova creación. A natureza, o deporte e, sobre todo, a cultura son os aspectos diferenciais da vida universitaria pontevedresa. Igual que o de Ourense, o campus pontevedrés é propiamente urbano.

 

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal