Etapas para a presentación: guía rapida

Etapas para a presentación da tese doutoral

Cita previa para a presentación de teses:
Para o depósito da tese de doutoramento, recoméndase solicitar cita previa no seguinte enlace:
http://reservatese.webs.uvigo.es

Nos casos nos que a tese de doutoramento non se entregue de forma presencial senón que se envíe por correo interno, é aconsellable reservar tamén unha cita para a revisión da súa tese. De non facelo, asignaráselle un turno de oficio, en función das dipoñibilidades existentes.
O servizo de posgrao notificará por correo electrónico a aprobación de cada trámite.

Impreso revisión tese


REQUISITOS PREVIOS

• Estar matriculado/a no curso académico actual.
• Os datos da tese serán incorporados directamente polo/a doutorando/a na base de datos TESEO no enderezo:

 https://www.educacion.gob.es

• Contar coa avaliación dun plan de investigación actualizado acompañado dos informes favorables do titor/a e do director/a.
• O título do plan de investigación, aprobado na última avaliación anual, e o título da tese deben ser coincidentes.
• O documento de actividades actualizado, coa/s avaliación/s anual/anuais que correspondan e, se é o caso, das actividades formativas obrigatorias e outros requirimentos específicos da memoria de verificación do programa de doutoramento.
• Compromiso documental de supervisión debidamente asinado.

FORMATO TESE

  • En formato electrónico (PDF) e 1 exemplar en papel, seguindo as normas de estilo aprobadas pola Comisión Permanente da EIDO, obligatorias dende setembro do 2016.
  • Importante: No apartado "Normativa" pode acceder ás normas de estilo de presentación de teses de doutoramento na Universidade de Vigo.
  • Ambos deberán conter a autorización do/a/s director/es/as da presentación da tese para a súa defensa.
  • Resumo de polo menos 3000 palabras en galego ou castelán se a tese non está redactada nestes idiomas.
  • No caso das teses presentadas pola modalidade tradicional (non por compendio de artigos), segundo o disposto na "Guía de boas prácticas para a dirección de teses de doutoramento", aprobada pola Comisión Permanente da EIDO na sesión do 20/05/2016, presentará:

- A declación de que ningún capítulo de tese sexa transcrición exacta dunha publicacón previa.

- Presentar si é o caso, as autorizaciòns que correspondan das persoas coautoras dos artigos presentados como anexos. 

IMPRESOS

Pódese acceder aos formularios de doutoramento no enlace: uvigo.es/formularios_dout
TC24: Informe de autorización para a defensa da tese emitido pola CAPD.
TC25: Proposta da composición do tribunal da tese de doutoramento aprobada pola CAPD
TC32: Curriculum de cada membro do tribunal proposto
- Autorización para o repositorio institucional investigo.

TRIBUNAL

  • Proposición: 6 membros (a maioría deberán ser membros externos á universidade ou institucións participantes no programa). Debe cumplir os requisitos de paridade e externalidade.
  • Tribunal nomeado: 3 titulares e 2 suplentes (mínimo entre titulares un/unha de cada sexo, e entre todos/as dous/dúas de cada sexo).

MENCIÓN DOUTORAMENTO INTERNACIONAL

Ten que acreditalo coa presentación da seguinte documentación:
• 2 informes favorables previos á presentación da tese de 2 expertos/as doutores/as pertencentes a algunha institución de educación superior ou instituto de investigación non español.
• Acreditación dunha estadía mínima de 3 meses fóra de España nunha institución de ensino superior ou centro de investigación de prestixio.
• Escrito do/a director/a da tese avalando a estadía.
• Escrito da CAPD do programa de doutoramento autorizando da estadía.
• Parte da tese (obrigatorio como mínimo a introdución, o resumo e mailas conclusións) deberán estar escritas e defenderse nunha das linguas habituais para a comunicación científica no seu campo de coñecemento, distinta a 
calquera das linguas oficiais en España (excepción país de fala hispana).
• O tribunal debe conter polo menos unha persoa experta pertencente a algunha institución de educación superior ou centro de investigación non español, co título de doutor/a, esta persoa será distinta do/a responsable da estadía (as mesmas condicións rexen para os suplentes do tribunal) e dos/as informantes externos da tese.

TESE POR COMPENDIO DE ARTIGOS DE INVESTIGACIÓN

  • Cada publicación deberá facer constar a adscrición do/a doutorando/a á universidade na que está desenvolvendo o programa de doutoramento.
  • Documentación adicional que se debe aportar:
  • Informe da/s persoa/s que dirixe/n a tese, coa aprobación da Comisión académica do programa de doutoramento, o cal debe especificar:
  • 1. A idoneidade da presentación da tese baixo esta modalidade
  • 2. Os indicios de calidade das publicacións presentadas
  • 3. A contribución do/a estudante de doutoramento se hai máis coautores/as
  •  Aceptación por escrito dos/as coautores/as de que o/a doutorando/a presente o traballo como parte da súa tese.
  •  Renuncia por escrito dos/as coautores/as non doutores/as á presentación dos traballos como parte doutra tese de doutoramento
  • Un mínimo de 3 artigos de investigación, publicados ou con aceptación definitiva para a súa publicación en revistas indexadas no JCR ou en índices equivalentes segundo os criterios CNEAI da rama.
  • A tese debe incluír:
  1. Introdución
  2. Obxectivos que se deben alcanzar
  3. Discusión xeral que dote de coherencia e unidade os diferentes traballos
  4. Conclusións e bibliografía común
  5. Copia íntegra das publicacións

PRAZOS

  •  Prazo de depósito e exposición pública da tese: 10 días hábiles en período lectivo a partir da revisión administrativa, periodo no que calquera doutor/a poderá consultar a tese ou facer alegacións.
  • Debido á cantidade de documentos e comprobacións necesarias consonte ao establecido na regulación actual (R.D.99/2011), cómpre ter en conta que poden ser precisos varios días dende a entrega da documentación ata que se efectue o depósito. Polo que, este só será efectivo unha vez comprobado todo o expediente e cando se publique na web e se notifique ao interesado.
  •  Aprobación na Comisión Permanente da EIDO, a cal autoriza a admisión a trámite da tese e nomea o tribunal.
  •  Emisión de informes e data de lectura:20 días naturais para informes dende a recepción da tese (membros do tribunal)
  •  Recibidos os informes, a EIDO autoriza a presentación da tese.
  •  O/A presidente do tribunal convoca e o/a secretario/a comunicará a data e hora e lugar da lectura da tese con antelación mínima de 10 días hábiles a partir da notificación.
  •  5 días hábiles posteriores ao día de exposición e defensa da tese para a remisión da documentación, da que será responsable o/a secretario/a do tribunal ou profesor/a en quen delegue.

LECTURA DE TESE E DEFENSA PÚBLICA

  • Cualificacións: Non Apto, Aprobado, Notable, Sobresaliente
  • Mención cum laude, mediante voto secreto dos membros do tribunal (require unanimidade de votos positivos)
  • Duración da tramitación: A defensa pública deberá ter lugar nun prazo máximo de 3 meses dende a autorización da defensa.

SOLICITUDE DO TÍTULO DE DOUTOR/A

  • Despois da defensa da tese e da entrega das actas polo/a secretario/a do tribunal ou persoa que se indique (pode achegarse a través do correo interno ou do rexistro xeral de cada campus), o/a alumno/a pode solicitar o título de doutor/a no servizo de Posgrado presentando:
  • Fotocopia do NIF en vigor
  • Partida de nacemento se o/a alumno/a é estranxeiro/a
  • Copia das titulacións de acceso (só no caso de que as titulacións non sexan expedidas pola Universidade de Vigo) e orixinais para cotexo.

MENCIÓN DOUTORAMENTO INDUSTRIAL

Outorgarase a mención "Doutoramento Industrial" sempre que concorran as seguintes circunstancias: 

A existencia dun contrato laboral ou (administrativo) nunha empresa do sector público ou privado ou por unha Administración Pública. Non pode ser unha Universidade.

Por acordo a Comisión Permanente do 22 de novembro de 2017 a anterior esixencia se concreta nun mínimo de dous anos a tempo completo (ou o seu equivalente a tempo parcial).

Que a tese de faga nun marco dun proxecto de investigación oficial que se desenvolva na empresa. Esta circunstancia ten que acreditarse e explicarse nunha memoria que tendrá que contar co visto e prace da CAPD.

No caso de que o proxecto se desenvolva en colaboración coa Universidade debe existir un convenio que regule esta colaboración, incluindo o procedemento de selección do doutorado/a.

Opcionalmente disporemos dun borrador de convenio para o desenvolvemento dun doutoramento industrial. Este convenio o asina a empresa, a Universidade e o/a doutorado/a. No é obrigatorio, pero pode ser útil para regular ós aspectos da propiedade industrial, propiedade intelectual e a confidencialidade.

 

 

 

 

Documento PDF

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal