Preguntas frecuentes

  •  ANTES DE REGRESAR Á TÚA UNIVERSIDADE DE ORIXE:

Trala realización de tódolos exames debedes vir á ORI ou ás Areas de Apoio a Centros e Departamentos dos campus de Ourense e Pontevedra para recoller o teu certificado de fin de estancia que reflectirá as túas datas de chegada e partida (esta como máximo será o último día do cuadrimestre) e cuxo orixinal teredes que entregar na oficina responsable de intercambios na vosa universidade de orixe. 

Para iso, unha vez que saibades cal vai ser o voso último día na Uvigo, debedes comunicárnolo cuns días de antelación para preparar o voso documento e facérvolo chegar ás Áreas de Apoio nos campus ou telo preparado cando pasedes a recollelo. 

En canto á vosa Certificación académica - documento que reflicte todas as materias superadas con indicación das notas obtidas e os seus correspondentes créditos ECTS- será expedida de oficio tralo peche do período de entrega de actas e enviarase un exemplar ao voso enderezo e outro á Oficina de Relaciones Internacionais da vosa universidade de orixe.

 

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal