Servizos de arquivos

Arquivos de traballo individuais (Disco Privado Virtual)

O Disco Privado Virtual está destinado ó almacenamento de datos individuais dos usuarios, e a permitir que estes os compartan envíen a outros usuarios ou a destinatarios externos (alumnos, persoas alleas á universidade, etc.) e a que os reciban de outros usuarios ou remitentes externos (alumnos, persoas alleas á universidade, etc.)
 

Usuarios ós que está destinado:

  • PDI
  • PAS

Características do servizo:

  • Compartir os datos con outros usuarios conectados (espazo compartido)
  • Compartir datos mediante enlaces, protexidos ou non por contrasinal, de xeito permanente ou temporal, con usuarios internos ou externos á Universidade de Vigo
  • Recibir datos de usuarios externos ou internos cos que se teña compartida unha carpeta
  • Autentificación con usuarios da Universidade (@uvigo.es)
    • Usuario e contrasinal
    • Datos de acceso á Secretaría Virtual (seix.uvigo.es): NIU, DNI, clave
    • Certificado FNMT
  • Acceso web ou dende dispositivos (iOS, Android, cliente de escritorio, WebDAV)

Limitacións do servizo

  • Espazo en disco asignado por usuario: espazo por defecto 5GB
  • A responsabilidade dos datos publicados corre por parte do usuario
  • Copia de seguridade mantida ata 3 meses, garántese unha copia semanal.
  • Non se garanten recuperacións parciais dos datos do usuario, só recuperacións completas a unha data dada.

As características completas do servizo pódense atopar nesta páxina

 

Arquivos de traballo de unidades administrativas (Carpetas Compartidas)

Usuarios ós que está destinado:

  • Postos de responsabilidade
  • PAS dos servizos centrais

Actualmente só: ficheros.rectorado.uvigo.es (datos de unidades administrativas da reitoría e datos de grupos de investigación no CACTI)

Características do servizo:

  • Carpetas Compartidas Windows
  • As carpetas son compartidas por todos os usuarios pertencentes a un grupo ou unidade administrativa.
  • Grupos establecidos nos propios directorios de usuarios
  • Grupos correspondentes a unidades administrativas: servizo, área, negociado, vicerreitoría

Limitacions do servizo:

  • Non está contemplado o uso destas carpetas para fines individuais, só para compartir datos do grupo ou unidade administrativa
  • Non se procesan ou recollen datos de estes almacenamento de xeito automático ou se publican en espazos web automáticamente.
  • Non se contempla en xeral a integración con dispositivos ou aplicacións externas, esto inclúe a conexión con escáneres, impresoras, envío de documentos por correo, etc. En caso de existir tales conexións estas corren por conta do usuario e o funcionamento das mesmas non é responsabilidade do ATIC.
  • Copia de seguridade mantida ata 3 meses, garántese unha copia diaria (incremental)
  • Non válido para o almacenamento de arquivos que requiran un nivel de seguridade alto conforme ó RD 1720/2007
  • Non se permite, salvo excepcións xustificadas para o uso do servizo, o almacenamento de: vídeos, arquivos de sonido, multimedia.
  • Só se pode prestar o servizo a equipos con direccionamento IP privado (RFC 1918) da rede fixa (non wifi) da Universidade de Vigo


 

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal