Sección de Posgrao e Formación Continua

A Sección de Posgrao e Formación Continua ten como misión impulsar e coordinar as actuacións administrativas relacionadas co alumnado e necesarias para a xestión dos estudos de posgrao na Universidade de Vigo.

A nivel organizativo constitúe unha das catro seccións do Servizo de Alumnado.

Visión: Desenvolver as actuacións necesarias para levar a cabo a Misión de forma eficiente, participativa e respetuosa cun desenvolvemento sostible, desde unha perspectiva de servizo público, fomentando o traballo en equipo e colaborativo e incorporando os avances na administración electrónica.

Recentemente organizáronse dous grupos de discusión para valorar a satisfacción de dous dos nosos colectivos de usuarios: os coordinadores e as coordinadoras de estudos de posgrao (respecto da sección) e o persoal das secretarías de alumnos dos centros (respecto de todo o Servizo de Alumnado). Podedes atopar os informes finais nos seguintes enlaces:

Tamén podes atopar a información de matrícula para o curso 2017/2018 nos seguintes enlaces: 

Nos seguintes enlaces tedes o calendario de preinscrición e matrícula en estudos de posgrao para o curso 2017/2018:

Reitoría | Campus Universitario | C.P. 36.310 Vigo (Pontevedra) | España | Tlf: +34 986 812 000 | informacion@uvigo.es            Accesibilidade | Mapa web | Aviso Legal