Representación do Romance do pergamiño en Bouzas

Un cantar de cego especialmente composto para a ocasión, interpretado polo regueifeiro Luís Correa “O Caruncho” –no papel de cego–, acompañado –no papel de guía– por Chus Iglesias, percorrerá toda Galicia.

Cada actuación consiste en tres pases nos que O Caruncho e Chus Iglesias interpretan tres pezas: un cantar de cego do repertorio d’O Caruncho, o Romance do Pergamiño composto para a ocasión –diante dun panel ilustrado por Luis Davila, autor de O Bichero– e a séptima cantiga de Martin Codax musicada. A idea é levar por diferentes lugares o espírito trobador que tan ben representan as cantigas de Martin Codax e animar a xente a visitar a exposición e a participar no resto de actividades asociadas.

Programación

Cada interpretación consta de tres pases en cada lugar  a diversas horas comezando ás 11 da mañá. Estas son as datas e localizacións.

Mércores 4
Ribeira
Paseo do Malecón

Domingo 22
Vigo
Praza da Princesa / Mercado de Bouza

Luns 23
Baiona
Mercado Sabarís

Venres 27
Cangas
Alameda / Mercado Municipal

Sábado 28
Vilagarcía
Zona peonil da rúa Vistalegre

Domingo 29
Carballo
Praza do Concello / Milagrosa

Xoves 2
Tui
Rúas Lugo / Compostela

Venres 3
Verín
Rúa Lisa (na contorna da Praza García Barbón e Praza Maior)

Sábado 4
Ribeira
Avenida Malecón (zona terrazas)

Domingo 5
Pontevedra
Peregrina / Soportais Ferrería

Luns 6
Redondela
Aparcadoiro Xunqueira / Excalextric

Xoves 9
A Coruña
Na contorna do Teatro Rosalía de Castro

Sábado 11
Ourense
Rúa do Paseo / Praza Maior / Praza San Martiño / Alameda

Domingo 12
Monforte
Parque dos Condes / Rúa Cardeal

Xoves 16
Carballiño
Praza Maior

Sábado 18
Lalín
Praza de Abastos / Km0, a carón da Igrexa

Domingo 19
Ferrol
Rúa Irmandiños

Venres 24
Lugo
Praza de Sto. Domingo / Praza Maior

Xoves30
Viveiro
Lugar sen decidir

Sábado 2
Santiago
Prazas Toural / Praterías / Mazarelos / Quintana

Mércores 6
Barco de Valdeorras
Parroquia Viloira

Xoves 21
Vilalba
Recinto Feira. Feira do capón

 


Vídeo

Gravación da representación do Romance do Pergamiño en Vigo, diante do MARCO


Galería da Cantiga do Pergamiño

Davila –o autor de O bichero– ilustra neste Romance do Pergamiño a andaina das sete cantigas de Martin Códax que regresan a Vigo centos de anos despois de seren escritas.

Folla informativa

Premendo no botón podes descargar a cuartilla promocional da Romance do Pergamiño

Folla informativa do romance do pergamiño ( PDF 0,5 Mb)