Tras o éxito dos eventos virtuais e presenciais da Iª edición da Finde.U que se desenvolveron durante o ano 2016, na que participaron en conxunto máis de duascentas empresas e puntos de información de toda Europa, promovendo a xestión de máis de quince mil candidaturas a ofertas de emprego, as Universidades de Porto, Vigo e Tras-Os-Montes e Alto Douro organizan por segunda vez a Finde.U – Feira Internacional do Emprego Universitario que terá lugar en Porto no 17 e 18 de outubro e en Vigo entre o 24 e o 25 de outubro, ambos en 2017.

Coa organización deste evento presencial conxunto, as tres universidades darán a oportunidade durante catro días a estudantes e persoas tituladas de todas as áreas de coñecemento de manter contacto directo con organizacións e empresas que demandan o talento universitario da eurorrexión.

A Finde.U é un evento aberto a estudantes e titulados/as de calquera universidade, que lles ofrece:

  1. Contacto directo cos responsables de RRHH de empresas e organizacións
  2. Ofertas de emprego, becas e prácticas.
  3. Procesos de selección a medio e longo prazo.
  4. Entrevistas de traballo.
  5. Sesións informativas e obradoiros.