Talent at Work é un proxecto dirixido a mellorar as competencias e a empregabilidade de mozos e mozas universitarios. O talento novo é imprescindible para o progreso xa que as súas contribucións impulsan o crecemento das organizacións coa súa forza innovadora, a súa creatividade, a súa enerxía e entusiasmo. As xornadas buscan por tanto ser un encontro no que profesionais de recursos humanos e empresarios axudan aos mozos a comprender o que hoxe en día demanda o mercado, así como ofrecer unha visión práctica do panorama laboral actual, información clave para coñecer as oportunidades de traballo reais.

25 de outubro de 2017
Instituto Feiral de Vigo- IFEVI
De 10:30 a 14:30 (a partir das 10:00 acreditacións) 

 

 

Programa

10:00 – 10:30

Recollida de acreditacións

 

10:30 – 11:00

Charla inspiracional: Impulsa a túa empregabilidade na era do talento

Con Pablo González Ruiz de la Torre Fundador e CEO de Pangea e Influencer de Human Age Institute.

Pablo González Ruiz de la Torre é Graduado en Administración de Empresas, Emprendemento e Innovación en IE Business School, Fundador e CEO da organización Pangea, leader de Eisenhower Fellowship, Conselleiro-Asesor da Fundación para a Innovación Financeira e a Economía Dixital ( FIFED) e Influencer en Human Age Institute.

 

11:00 – 12:00

Que queremos as empresas?

Debate con Directores de Recursos Humanos.

Que buscan as empresas nos profesionais? Que competencias e habilidades son as máis demandadas? Sae de dúbidas!

  • ABANCA: Francisco Mateo Alonso, Director de Captación de Talento
  • CORTIZO: Francisco Javier Mouriño Carrera, Director de Formación e de Captación de Talento
  • PESCANOVA: Ismael Sánchez de Prada, Director de Desenvolvemento e Formación Corporativo de Persoas
  • GRADIANT: Leticia Torrejón, Responsable de Selección e Xestión do Talento

 

12:00-13:00

Top talent

  • CURRÍCULO 2.0: os CV é a primeira imaxe que recibe a empresa do candidato. Esta imaxe débese transmitir de forma coherente a través das redes sociais. Neste taller explicaremos como potenciar a marca persoal en redes sociais para conseguir emprego.
  • ELEVATOR PITCH: descubre as claves para poder elaborar unha presentación individual con gancho, capaz de atraer a atención de recrutadores e avaliadores. As habilidades de comunicación e paixón á hora de presentarse son fundamentais para causar impacto noutras persoas.

 

13:00- 14:30

Agora si!

Recibe asesoramento personalizado por parte de profesionais dos Recursos Humanos sobre o teu futuro profesional. Consultores e persoal experto en selección responderán as túas preguntas e asesorarán sobre o mercado laboral actual. Aproveita esta oportunidade e trae os teus CV!

 

INSCRÍBETE EN TALENT AT WORK