Ciclo de Cine e Lingua. Proxección de 'Supereroi'
Data de celebración:
4 of April at 19:00Dirixido a
Entidades Colaboradoras , Estudantes , Medios , PAS , PDI and Público externoOrganiza
Vicerreitoría de Extensión UniversitariaLugar
Praza do Berbés, 11
36202 Vigo
Spain
Tipo de evento
CineEntrada:
De balde No reservation required.Modalidade
PresencialNo edificio Redeiras e con entrada de balde
A décimo cuarta edición do Ciclo de Cine e Lingua céntrase no cinema italiano e propón a proxección de catro películas en versión orixinal subtitulada. A cuarta e última sesión, este xoves 4 de abril, está protagonizada por Supereroi, (Unha historia de amor italiana, en España), película de Paolo Genovese estreada en 2022. O filme céntrase en Marco e Anna, unha parella que, a pesar de seren caracteres opostos con visións da vida moi distantes, loitan por conservar o seu amor e manter a súa relación a pesar do paso do tempo.
A entrada é de balde para toda a cidadanía ata completar a capacidade da sala. A encargada de presentar as sesións e de moderar o debate posterior será Daniela Sarraino, presidenta da Sociedade Dante en Vigo.