Participaron 17 parellas entre o 21 ao 31 de marzo
Ángel Piñeiro e Alejandro Pérez gañan o Campionato Universidade de Vigo de Pádel
O Campionato Universidade de Vigo de Pádel, que rematou onte xoves, xa ten gañadores, a parella formada por Ángel Piñeiro e Alejandro Pérez. Esta competición, que se desenvolveu na cidade deportiva do Círculo Mercantil de Vigo dende o pasado día 21, reuniu un total de 17 parella, o que dende a Área de Benestar, Saúde e Deporte da UVigo cualifican como un “éxito de participación”.
A final, que se xogou onte xoves, foi moi disputada pero finalmente a parella composta por Ángel Piñeiro e Alejandro Pérez impúxose a Pedro Núñez e Abel Muñiz por un axustado 3-6, 6-2 e 7-5.