Cátedras
As cátedras de empresa son unha forma de establecer unha colaboración estratéxica, ampla, cualificada e estable coa contorna empresarial, coas fundacións e entidades que, máis alá do económico, permitan acadar mediante estratexias a docencia, a formación e a investigación planificadas conxuntamente, froitos que redunden directamente no beneficio de ambas as partes.
Deste xeito, dáse forma a un modelo de colaboración especialmente interesante para o futuro das entidades participantes. Neste modelo, a empresa ou entidade comprométese a unha aportación económica anual equivalente á retribución dun catedrático de universidade e a cátedra pode levar unha denominación de acordo cos seus fins. As actividades que se poden incluír no marco da cátedra son plurais e van desde a formación e intercambio de persoal e de experiencias ata a realización de proxectos de I+D.
Para o mellor funcionamento da cátedra, créase unha Comisión de Seguimento, integrada por representantes de ambas as dúas entidades, que se encarga de seleccionar as actividades, facer un seguimento delas e solventar calquera necesidade que poida xurdir.
Coñece as cátedras da UVigo
ACP-Innova
- Denominación:
Cátedra ACP-Innova - Empresas
:Saraiva, Activiza e Envita - Ano de constitución:
2021 - Dirección:
Jose María Cancela Carral - Web:
https://acpinnova.com/catedra/
Afaga-Atendo de Idadismo
- Denominación:
Cátedra Afaga-Atendo de Idadismo - Entidades:
Asociación de Familiares Enfermos de Alzheimer e outras Demencias de Galicia (Afaga Alzheimer), Atendo - Ano de constitución
2022 - Dirección:
Ana Belén Fernández Souto - Web:
https://edadismo.org
Aldaba WIB: Women, ICT & Business
- Denominación:
Cátedra Aldaba WIB: Women, ICT & Business - Empresa:
Aldaba Servicios Profesionales S.L. - Ano de constitución:
2019 - Web:
https://www.fundacion.udc.es/aldaba-wib/index.asp
Almirante Álvarez-Ossorio
- Denominación:
Cátedra Almirante Álvarez-Ossorio - Entidade
Escola Naval de Marín - Ano de constitución:
2003 - Dirección:
Eva Lantarón Caeiro - Web:
https://catedraossorio.webs.uvigo.es
Ardán
- Empresa:
Consorcio Zona Franca Vigo - Ano constitución:
2018 - Dirección da cátedra:
Reitor ou reitora da Universidade de Vigo, ou persoa en quen delegue - Web
https://www.zfv.es/ardan/index.html
CIRCOM
- Denominación:
Cátedra CIRCOM: asociación de televisións públicas rexionais - Ano de constitución
2023 - Dirección:
José Rúas Araújo - Web:
www.circom-regional.eu
Indra
- Data de constitución:
1 de febreiro de 2023 - Dirección da cátedra:
Rebeca P. Díaz Redondo, catedrática de universidade e directora da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación - Comisión de seguimento:
- Manuel Fernández Iglesias, coordinador do Mestrado en enxeñaría telemática, Universidade de Vigo
- Laura Docío Fernández, subdirectora de Captación e Difusión da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, Universidade de Vigo
- Iñigo Cuiñas Gómez, coordinador do Plan de acción titorial da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, Universidade de Vigo
- Ruth del Carmen Escarda Iglesias, INDRA
- Manuel Ángel Otero Chantada, INDRA
- Jesús Manuel Costa Pazo, INDRA
- Javier Piñeiro Rodríguez, INDRA
- Obxectivos e actividades:
- Colaboración e apoio no Plan de difusión e captación da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación para a realización de actividades de divulgación científica e tecnolóxica que redunden na visibilidade, a difusión, o coñecemento e a práctica dos estudos que se imparten na Escola, e con iso, fomentar as vocacións científicas e tecnolóxicas entre o alumnado máis novo.
- A creación dun programa de captación de talento, que teña por finalidade a formación de excelencia de alumnado da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación.
- O impulso de actividades que permitan a difusión da actividade docente e investigadora do persoal docente e investigador da Escola de Enxeñaría de Telecomunicación.
- A colaboración en actividades transversais á docencia, especialmente no ámbito do Plan de acción titorial (orientaTE e mentoría MEET-Teleco).
- Promover a posta en marcha de actividades formativas que teñan por obxecto a capacitación, especialización e actualización de competencias de membros da comunidade universitaria atendendo as necesidades competitivas da empresa.
- Organizar xornadas, conferencias, seminarios ou foros, nos ámbitos de estudos propios da cátedra.
- Promoción en eventos científicos e tecnolóxicos relacionados con temas de interese no ámbito da cátedra.
- Realización conxunta de proxectos e programas de investigación científica, desenvolvemento e innovación tecnolóxica.
- Divulgación das actividades da cátedra.
- Web
- Contacto:
Jean Monnet
- Denominación:
Cátedra Jean Monnet. Institucións e cidadanía europea: adaptar a Unión Europea aos retos da dixitalización (EICAEUD) - Entidade financiadora:
Educational, Audiovisual and Culture Executive Agency (European Commission). - Ano de constitución:
2014 - Dirección:
Celso Cancela Outeda - Web:
https://modulojeanmonnet.webs.uvigo.es/
José Saramago
- Denominación:
I Cátedra Internacional José Saramago - Ano de constitución:
2015 - Web:
https://catedrasaramago.webs.uvigo.gal/
R en Ciberseguridade UDC-UVigo
- Denominación:
Cátedra R en Ciberseguridade. - Directora da cátedra:
Profesora Ana Fernández Vilas, en delegación do reitor da UVigo e coordinadora do Mestrado Interuniversitario (UVigo-UDC) en Ciberseguridade. - Comisión de seguimento:
- Prof. Rebeca P. Díaz Redondo, coordinadora do Grao en Enxeñaría de Telecomunicación da Universidade de Vigo (teleco.uvigo.es).
- Prof. Carlos Dafonte, en delegación do reitor da UDC e coordinador do mestrado na Universidade da Coruña (fic.udc.es).
- Prof. Francisco Javier Nóvoa de Manuel, representante do PDI da Universidade da Coruña (fic.uddc.es).
- Dona ldola Uriarte, responsable de Seguridade da Información do Grupo Euskaltel (euskaltel.com).
- Dona Susana Rey, delegada en Protección de Datos do Grupo Euskaltel (esukaltel.com).
- Data da firma:
18 de decembro de 2018. - Dotación:
10 000 euros da UVigo e 10 000 euros da UDC. - Sitio web:
En construción. - Obxectivos:
A Cátedra R en Ciberseguridade nace co fin de promover o desenvolvemento das competencias profesionais do alumnado universitario, mellorar a capacitación, ampliar ou actualizar os coñecementos, técnicas ou habilidades da comunidade universitaria ou doutras persoas profesionais co obxectivo de adaptalas ás necesidades da empresa, fomentar a súa formación continua, a innovación e a investigación na área da ciberseguridade. - Liñas estratéxicas:
Ao abeiro deste obxectivo xenérico, as liñas estratéxicas de actuación da Cátedra R en Ciberseguridade son:- A colaboración na docencia e na investigación, especialmente no Mestrado lnteruniversitario (UVigo-UDC) en Ciberseguridade (munics.es).
- A creación dun programa de captación de talento, que teña por finalidade a consecución da excelencia académica nas universidades de Vigo e da Coruña.
- O impulso de actividades que permitan crear espazos de debate e difusión da actividade docente e investigadora do ámbito da ciberseguridade.
- A promoción de actuacións que estimulen a capacitación, especialización e actualización das competencias da comunidade universitaria e profesionais alleos á mesma, atendendo ás necesidades competitivas da empresa.
- Actividades:
Máis concretamente, establécense as seguintes actividades como prioritarias:- Actividades de formación e divulgación:
- Colaboración en mestrados e outros estudos de posgrao, tanto oficiais como propios.
- Patrocinio de bolsas predoutorais e posdoutorais; premios a traballos de fin de grao ou mestrado e concursos de ideas.
- Conferencias, seminarios, obradoiros e visitas a empresas; promoción de prácticas curriculares e extracurriculares.
- Colaboración en plans de formación para empresas ou institucións; colaboración no deseño e impartición de Programas de Formación Permanente.
- Formación para a creación de empresas de base tecnolóxica ou para a explotación de resultados de investigación.
- Realización de xornadas de divulgación científica, tecnolóxica e da cultura da ciberseguridade na sociedade; promoción en acontecementos científicos, técnicos e de concienciación da sociedade; organización de exposicións e promoción da cultura de ciberseguridade na sociedade.
- Publicacións sobre temas de interese no ámbito da cátedra.
- Divulgación das actividades da cátedra.
- Actividades de transferencia e de investigación:
- Desenvolvemento de liñas de investigación conxunta; realización traballos de investigación.
- Promoción da contratación de grupos das universidades da Coruña e de Vigo para desenvolver accións de innovación ou consultoría especializada na empresa.
- Cooperación para lograr proxectos de investigación en programas de concorrencia competitiva no ámbito galego, español e europeo.
- Promoción de encontros e redes nacionais e internacionais de expertos nas áreas de interese da cátedra.
- Apoio á realización de teses de doutoramento, traballos de fin de mestrado e traballos de fin de grao de perfil I+D+i.
- Actividades de formación e divulgación:
- Web:
https://catedrarciberseguridade.com/catedra_es
Unesco
- Entidade:
Unesco - Ano de constitución:
2014 - Actividades da cátedra:
O obxectivo será fomentar un sistema integrado de investigación, formación, información e documentación sobre a xestión sustentable das zonas costeiras