Eixes do Plan de igualdade
O II Plan de igualdade estrutúrase en catro eixes que, á súa vez, conteñen obxectivos estratéxicos e operativos. A partir deses obxectivos, concrétanse as 85 accións que se consideran necesarias para acadalos.
-
I
Cultura da igualdade na Universidade de Vigo, que ten como obxectivo estratéxico integrar o principio de igualdade de oportunidades entre mulleres e homes como vertebrador da convivencia universitaria. -
II
Proxección social con perspectiva de xénero, que ten como obxectivo estratéxico proxectar á sociedade unha imaxe sen marcas de xénero que sirva como modelo de referencia. -
III
Docencia, investigación e transferencia do coñecemento con perspectiva de xénero, que ten como obxectivo estratéxico integrar a perspectiva de xénero na actividade universitaria para acadar a excelencia universitaria. -
IV
Condicións sociolaborais con perspectiva de xénero, que ten como obxectivo estratéxico crear un entorno para o desenvolvemento profesional e persoal en igualdade de condicións para toda a comunidade universitaria.