Trámites de xestión económica
Solicitude de modificacións orzamentaria
Se es investigador ou investigadora profesional dun proxecto de investigación ou dirixes un curso, debes dirixirte á persoa administradora do teu ámbito ou campus, que che explicará os procedementos e fará todos os trámites necesarios. Se non estás incluído ou incluída no punto anterior, debes dirixirte ao Servizo Administrativo correspondente, para que che indiquen como proceder.
Procedemento para a solicitude de avais
Antes de solicitar un aval, hai que ter en conta o seguinte:
- Tanto o aval como o certificado de solvencia económica supoñen un gasto para a universidade. No caso dos avais, o montante está en función da cantidade que haxa que avalar. No caso do certificado de solvencia hai que negocialo coa empresa de auditoría que o emita.
- É necesario ter o conforme do Servizo/Centro correspondente, no referente á viabilidade do proxecto.
- A solicitude dun aval ou dun informe de solvencia debe realizarse de forma centralizada a través da Vicexerencia de Asuntos Económicos e Xerais.
- Para atender os gastos que ocasiona o aval ou o certificado de solvencia é necesario acompañar a solicitude dun documento RC con cargo á aplicación orzamentaria que soportará os gastos por importe do 0,5% do importe do aval (importe mínimo 80€) ou co importe do orzamento facilitado pola firma auditora no caso dun informe de solvencia.
- Se o aval vai estar vixente durante varios exercicios orzamentarios, deberán acompañarse os documentos plurianuais correspondentes para cada un dos exercicios de vixencia.
- No caso de competicións deportivas ou accións repetitivas que necesiten un aval anual, non se procederá á solicitude dun novo aval en tanto non se presente, para a súa cancelación, o concedido no exercicio anterior.
Inventariado de patrimonio
- As fichas de inventario dos bens mobles cubriranse mediante o programa informático XestiConta, unha vez recoñecida a obrigación correspondente aos bens a inventariar.
- Todos e cada un dos espazos dun edificio da Universidade de Vigo deben estar identificados e etiquetados, conforme aos criterios:
- Consiste na etiquetaxe de todos e cada un dos espazos do edificio, por exemplo: os despachos, os laboratorios etc. Cada espazo debe levar unha etiqueta que o identifique.
- O persoal de administración e servizos de cada un dos centros colocará as etiquetas no marco das portas, no lado do gonzo (bisagra), e de forma lexible ao entrar no espazo inventariado. Como norma xeral, colocaranse canto máis altas mellor e de xeito vertical.
- Para realizar esta actividade contarase co apoio da Dirección Técnica de Obras, Instalacións e Infraestruturas, responsable do mantemento da planimetría dos centros da Universidade de Vigo.
- Todos e cada un dos bens mobles inventariables deben estar identificados e etiquetados, conforme aos seguintes criterios:
-
Armarios: colocaranse na súa parte interior, no lado dereito segundo se abre a porta, se é que a ten.
-
Mesas: situaranse no taboleiro pola parte inferior esquerda segundo se ve de fronte. A etiqueta porase en sentido horizontal e co escudo á dereita para que se lea ao mirala.
-
Cadeiras: pola parte inferior dereita segundo se sitúa o usuario/a. Se a superficie é de plástico e a etiqueta non adhire ben, porase nalgunha parte metálica, se a houbese, pero sempre no lado dereito.
-
Mobles con gabetas (gabeteiros) con rodas: colocarase sempre no lateral dereito superior mirándoa de fronte e en sentido horizontal.
-
Arquivadores: no lateral dereito superior mirándoos de fronte. Se non fose posible por estar xuntos varios, colocarase na fronte superior dereita, en sentido horizontal.
-
Resto do mobiliario: sempre no lado dereito superior e de xeito horizontal.
-
Equipos informáticos: na parte dereita lateral e, no caso de ser imposible, na parte superior dereita. A colocación será sempre horizontal.
-
Maquinaria de oficina: pola parte dereita lateral e no seu defecto na parte superior dereita. A colocación será horizontal.
-
Maquinaria en xeral: parte dereita lateral ou no seu defecto na parte superior dereita e de xeito sempre horizontal.
-
Equipos de laboratorio: seguirase o criterio de etiquetaxe no lado dereito superior sempre que sexa posible. De non ser así intentarase achegar o máis posible a este lugar. A colocación será horizontal.
-
- Para as modificacións relativas aos bens deberá cubrirse o formulario definido no anexo III
- Para as altas relativas aos bens deberá cubrirse o formulario definido no anexo IV
- Para tramitar as baixas relativas aos bens deberá cubrirse o formulario definido no anexo V
- Para as altas de novos espazos na Universidade de Vigo deberá cubrirse o formulario de solicitude de nova localización.
Para máis información sobre as solicitudes de modificación orzamentaria e de avais podes enviar un correo electrónico a xscontab@uvigo.gal
Manuais e instrucións de control interno
Recolle as obrigas e os gastos así como os aspectos destes que serán obxecto de comprobación no exercicio da fiscalización e da intervención previa dos requisitos básicos
Esta normativa detalla a documentación necesaria en cada fase dos gastos recollidos na resolución xerencial, do 8 de abril de 2019, para a súa correcta tramitación así como a obriga de subila no programa informático MUS.
O manual, actualizado o 1 de agosto de 2018, ofrece toda a información para tramitar o gasto menor na Universidade de Vigo.
Este documento recolle a clasificación económica na Universidade de Vigo no ano 2018 con algunhas aclaracións.
Neste documento destácase a importancia de evidenciar correctamente calquera gasto e da adecuada xustificación da subvención. Asemade recolle recomendacións xerais para os gastos con financiamento alleo.
Máis información:
Servizo de Control Interno
Edificio Exeria
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 813 582
consultaci@uvigo.gal