Cooperación das empresas e institucións na investigación
O mellor aliado no camiño á innovación
Conscientes da importancia da transferencia dos coñecementos xerados pola nosa comunidade investigadora ao tecido produtivo, na Universidade de Vigo colaboramos coas empresas e coas institucións desde a nosa creación. Esta cooperación materialízase en diferentes modelos, entre eles os contratos e os convenios de investigación.
Cada vez é máis frecuente e necesario que a I+D aplicada e o desenvolvemento tecnolóxico realizado na universidade se leve a cabo, desde as primeiras etapas, en colaboración con outros axentes do sistema de innovación, fundamentalmente coas empresas.
Neste sentido, distinguimos dúas vías de realización das actividades de I+D+i:
- I+D contratada: unha empresa ou organización encárgalle á Universidade a realización dun proxecto de I+D, propón os obxectivos, asume os riscos e paga o seu custo, e finalmente dispón dos resultados. Esta actividade formalízase mediante un contrato.
- I+D colaborativa: os participantes dos proxectos involucran os seus recursos, comparten riscos e obxectivos e distribúen a propiedade dos resultados. Formalízase mediante un convenio ou acordo de colaboración.
En ambos os casos, as organizacións poden acudir ás diversas axudas públicas para obter financiamento das súas actividades de I+D+i.
I+D contratada
Neste apartado atópanse os modelos para a formalización de actividades de I+D coa Universidade de Vigo, ao abeiro do artigo 60 da Lei orgánica 2/2023, do 22 de marzo, do sistema universitario.
Proxectos de I+D
Modelos de contrato proxecto
Follas de tramitación interna
Documentos para a realización de proxectos de I+D con mediación de promotor
- Modelo de contrato con mediación de promotor
-
Follas de tramitación interna Feuga
- Convenio subscrito con Feuga como entidade promotora o 30/04/2016
Informes
Modelo de informe
- Modelo de informe (válido para todos os campus)
Follas de tramitación interna
O profesorado só poderá asinar os informes por contías non superiores a 18.000 €, sen cambios na folla de prestación de servizos.
Cursos
Modelo de curso
- Modelo de curso (válido para todos os campus)
Follas de tramitación interna
No caso das solicitudes de cursos será preciso acompañar o temario destes.
Regulamento de cursos e convenios da UVigo
Máis información:
Oficina de I+D
Edificio Filomena Dato, 1.º andar
As Lagoas, Marcosende
36310 Vigo
+34 986 812 236
otri@uvigo.gal